Servizos sociais

Os servizos sociais comunitarios básicos constitúen a canle normal de acceso ao sistema, co que se garante a universalidade e a súa proximidade ás persoas usuarias e aos ámbitos familiar e social. O equipo de servizos sociais leva a cabo unha serie de funcións e programas cos que se pretende acompañar na resolución de problemas e necesidades de tipo social.

 
 

Funcións

  1. O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
  2. A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
  3. A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.
  4. A atención das situacións individuais, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.
  5. A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
  6. A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
  7. A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.
  8. O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.
  9. O mantemento actualizado do sistema de información de persoas usuarias.
  10. A coordinación efectiva cos distintos sistemas de benestar e protección social que actúen no seu territorio, así como coas entidades de iniciativa social autorizadas que poidan complementar a súa actuación.
  11. A cooperación con outras administracións e poderes públicos na remisión de información necesaria nos procedementos que correspondan en relación cos servizos sociais comunitarios e as súas persoas usuarias, sen prexuízo da observación das garantías establecidas na normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

Contacto

TRABALLADORA SOCIAL

Tfno: 981 796 088 (Ext. 12)

E-mail: servizossociais@coiros.es

De luns a venres das 9:00 ás 13:00 horas.

EDUCADORA FAMILIAR

Tfno: 981 796 088 (Ext. 13)

Fax 981 776 298

E-mail: edufamiliar@coiros.es

De luns a venres das 9:00 ás 14:00

Contactar ahora

Ubicación

Servicios sociais

No Centro de Servizos Sociais (pranta baixa). Coirós de Arriba, 55-A. 15316 Coirós.

Ver instalación

Persoal do equipo

Traballadora Social

 

Educadora familiar

 

Auxiliares de axuda no fogar.
 

Programas

Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolverán as súas funcións, de maneira estruturada, por medio dos programas e servizos seguintes:

Programa de valoración, orientación e información en materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral
Se desenvolverá en todas as entidades locais titulares de servizos sociais comunitarios de Galicia.
Servizo de axuda no fogar (SAF)
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.
Servizo de educación e apoio familiar
Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.
Programa básico de inserción social
Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas. Programa de fomento da cooperación e solidariedade social, que facilite a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

Na formulación e desenvolvemento dos programas básicos de actuación, os servizos sociais comunitarios incorporarán a perspectiva de anticipación e prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, das situacións causantes da exclusión social, a dependencia e a desprotección.

Descarga de documentos

Servicios sociales comunitarios

Os servizos sociais comunitarios básicos constitúen a canle normal de acceso ao sistema ...

 

Programa de refuerzo escolar

É un recurso educativo de ámbito municipal, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se enmarca dentro do programa de Educación Familiar ...

 

Programa de educacíon familiar

Concíbese o programa de Educación Familiar como un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade.