Saúdo do alcalde

Como Alcalde Presidente do Concello de Coirós, quero darlle a benvida a todos aqueles que queiran coñecer o noso municipio a través de esta páxina web.

Un papel esencial a desenvolver polas administracións é facilitar o aceso dos cidadáns ás novas tecnoloxías da información, non so para mellorar súa calidade de vida, senon para outras moitas cuestións.

Queremos que esta Web oficial sirva como instrumento para prestar servizos, para compartir información e para que se achegue a nos quen aínda non coñeza o noso pobo e as nosas xentes.
En definitiva, trátase dunha forma moderna, rápida e actualizada de "conectar" Coirós co resto do mundo e ensinar as esixencias dun municipio, en constante desenvolvemento e proxectándose decisivamente deica o futuro.

Estamos seguros de que a beleza natural que ofrece vos fascinará. As súas costumes, e festas mostraránvos a hospitalidade do Concello de Coirós, mentras que a súa gastronomía e servizos serán un magnífico complemento para conseguir que a estancia en Coirós vos resulte moi agradable. Suxerímosvos, pois, que naveguedes con nós.

 

Don Francisco Quintela Requeijo
Alcalde-Presidente del Ayuntamiento de Coirós