Rutas de senderismo

Estas son as rutas oficiais que transcurren total ou parcialmente polo noso Concello.

O Río dos dous nomes - PR-G 35

Ruta circular de dificultade medio-baixa, con unha duración aproximada de dúas horas que se pode realizar durante todo o ano.

Ver o Río dos dous nomes PR-G 35 na web de turgalicia.es

 

Ruta de Ambalasaugas a As Pías - SM.08

Dificultade baixa e unha duración aproximada de 1 hora. 3,4km de lonxitude total e inicio na ponte de Ambalasaugas, en Santa María de Ois.

Ver a ruta de Ambalasaugas a As Pías en riomandeo.com

 

Ruta de As Pías a Zarzo - SM.09

Ruta de dificultade media e una duración aproximada de 3 horas e unha lonxitude de 10,6km. A ruta comeza na central hidroeléctrica de "As Pías" en Coruxou (Irixoa).

Ver a ruta de As Pías a Zarzo en riomandeo.com

 

Ruta de Zarzo a Chelo - SM.11

Dificultade media e duración aproximada de 3 horas. O percorrido total é de 10,5km e inicia la Central de Zarzo (Concello de Paderne). A ruta atravesa Caresma, Chelo e Espenuca, así como vai pola beira do Mandeo durante o tramo da Presa da Cabra hasta Zarzo.

Ver a ruta de Zarzo a Chelo en riomandeo.com

 

Ruta do Bocelo - SM.12

Con una duración aproximada de dúas horas e dificultade media, a súa lonxitude total é de 7,5km, iniciando no Centro de Interpretación de Chelo. "O Bocelo" son as ruinas do antiguo balneario de augas medicinais, creado nos anos 30 do século pasado e que foi destruido por un incendio. Hoxe en día aínda mana auga da súa fonte.

Ver a ruta do Bocelo en riomandeo.com

 

Ruta do Mendo - SM.14

Ruta de dificultade media de 11,8km e unha duración aproximada de 4 horas. Comeza na ponte "Das Moas" en Reboredo (Oza dos Ríos)

Ver a ruta do Mendo en riomandeo.com

 

Ruta BTT Monte do Gato - SM.15

Ruta circular de dificultade baixa pensada para facer en bicicleta, con 19,2km e unha duración aproximada de dúas horas.

Ver a ruta BTT Monte do Gato en riomandeo.com

 

Paseo Fluvial dos Caneiros - SM.19

Esta ruta ten dificultade baixa e ten unha duración aproximada de unha hora con 3,5km de lonxitude. Inicia en "A Ponte Vella" en Betanzos.

Ver a ruta do Paseo Fluvial dos Caneiros en riomandeo.com