Río dos dous nomes

O río Vexo ou Fervenzas (coñecido con estes dous nomes), é un afluente do río Mandeo. O sendeiro que parte da Ponte de Xora discorre por unha paisaxe que goza de tranquilidade e fermosura, na que se atopan varios muíños que nos recordan a importancia do río para os nosos antepasados.

Tamén no discurso do tramo do río atopamos unha antiga ferrería coñecida como “O Machuco de Ois”, do que aínda se conservan os muros de grandes dimensións, tanto os do edificio principal como os dunha edificación anexa que podería ser a vivenda.

A ruta, que é circular, ten unha lonxitude de 3,4km, cun nivel de dificultade medio- baixo moi recomendable para realizar en familia.

 
 

Rutas

O Río dos dous nomes - PR-G 35

Ruta circular de dificultade medio-baixa, con unha duración aproximada de dúas horas que se pode realizar durante todo o ano.

Ver o Río dos dous nomes PR-G 35 na web de turgalicia.es