Urbanismo

Información

En Coirós apostouse por un plan urbanístico sostible e adecuado ó medio en que nos encontramos, xa que se aprobou un Plan Xeral de ordeación Municipal que só permite a construcción de vivendas unifamiliares, desterrando as desastrosas moles de edificios de viviendas que existen en outros concellos. Ademáis, partindo da realidade territorial do concello, están recoñecidos tódolos núcleos existentes, potenciando a construcción dos mesmos.

Nesta mesma liña creouse un parque industrial para poder concentrar tódalas industrias nunha zona determinada e evitar a coexistencia de vivendas con centros de producción, cas limitacións que mutuamente ello podería xerar. Este parque é un  verdadeiro motor económico do concello.

Todo iso provoca que este sexa un concello rural, no que a tendencia á disminución da poboación non existe. Pouco a pouco, ano a ano, o censo de veciños vaise incrementando e lévanos á conclusión de que aumenta a poboación, porque vivir en Coirós é apetecible, é agradable, cas ventaxas do campo, pero disfrutando de servizos que teñen as cidades.

E xa, como guinda do pastel, todo o dito realizouse sen perxuizo de manter unha economía saneada, na que tódolos anos existe superávit, páganse as facturas en plazo e non se debe nin un euro a ninguén. É un concello modélico na súa actividade económica-sostible, aínda nos tempos de crisis que vivimos.


MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº4 DEL PXOM DE COIROS.

MODIFICACIÓN DAS ALIÑACIÓNS NAS ESTRADAS PROVINCIAIS NOS NÚCLEOS RURAIS E OUTRAS ALTERACIÓNS NO SISTEMA VIARIO

Atópase en fase de consultas a Modificación puntual nº4 do PXOM de Coirós que modifica as aliñacións das estradas provinciais ao seu paso polos núcleos rurais e outras modificacións puntuais no viario municipal.

Achégase o acceso á páxina web da Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio para consultar os documentos de Borrador do Plan e Documento Ambiental Estratéxico.

Ler máis