Proxecto Mandeo

O proxecto Mandeo, encabezado pola Deputación de A Coruña e os Concellos, é unha iniciativa que nace do interese por preservar o patrimonio medioambiental do río, catalogado na súa parte inferior, de ó redor de 1.020ha, como espazo natural protexido ó estar integrado na Rede Natura 2000.

O territorio que abarca o proxecto exténdese por dez concellos da provincia de A Coruña (Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado). Por cada un destes concellos, fundamentalmente rurais, polos que discorre o Mandeo, podemos atopar lugares cheos de maxia e cunha riqueza natural e etnográfica de excepción.

Ademáis, dentro do plan diseñaronse zonas de ocio que lle engaden un valor maior ó Mandeo, ademáis de rutas de sendeirismo señalizadas que pisan cada un dos dez concellos integrantes.

No Concello de Coirós podemos disfrutar dunha variedade de rutas a pé ou en bicicleta. * (ver rutas)

Ademáis disto, creouse unha rede de aloxamentos e restaurantes, os “refuxios do Mandeo”, na que o noso concello tamén aporta o varios establecementos de calidade a esta rede.

Dentro deste Plan, inaugurouse recentemente o Centro de interpretación do río Mandeo no lugar de Chelo. Conta cunha exposición interactiva que pretende dar a coñecer os recursos do río a nivel ecolóxico, cultural e etnográfico.