ADXUDICACION E FORMALIZACIÓN SERIVO PÚBLICO DE RECOLLIDA E TRANSPORTE DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

26/02/2019

Contenido

Pola presente faise público que en sesión feita pola Xunt ade Goberno Local o día  vinte e tres de maio de dous mil dezaoito, 

a única oferta presentada pola empresa Servicios dos Concellos Galegos cumpre cos requisitos establecidos na lexislación vixente e no prego de cláusulas administrativas e no prego de prescricións técnicas, e que ten presentada toda a documentación requirida para proceder á contratación.

En virtude da delegación de competencias polo Pleno da Corporación o día vinte e dous de xuño de dous mil quince, por unanimidade dos asistentes acórdase contratar o Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos do Concello de Coirós (Expediente RB1/2018), por una prazo de catro anos e un prezo 50.000 euros anuais (41.322,00 + 8.678,00 de IVE), o que supón un valor estimado do contrato de 165.288 euros; formando parte do contrato o prego de prescricións técnicas, o prego de cláusulas administrativas, cadro de características do contrato e a proposta presentada pola empresa adxudicataria.

Asimesmo faise público que  este contrato  foi  formalizado o  día  dous de xullo de  dous mil  dezaoito.