CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO CONCELLO DE COIRÓS

18/07/2018

Contenido

CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO CONCELLO DE COIRÓS

Pola presente convócase o proceso de contratación para a constitución dunha bolsa de emprego que atenda as necesidades de contratación temporais (baixas, vacacións, permisos ou circunstancias similares do persoal vacacións,….) do servizo municipal de Axuda no Fogar do Concello de Coirós ( SAF, tanto por libre concorrencia coma por dependencia), mediante o procedemento de oposición.

Para tomar parte no proceso selectivo será necesario cumprir os requisitos seguintes:

  1. Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

  2. Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro , do Estatuto básico do empregado público.

  3. Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

  4. Habilitación: Non estar separada do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitada por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non tiveran a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

  5. Titulación: Estar en posesión dos seguintes títulos ou en condición de obtelos na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

    • Título de técnica/o en Atención a persoas en situación de dependencia, regulado polo RD 1593/2011, de 04 de novembro.

    • Título de técnica/o en atención sociosanitaria, establecido polo R.d. 496/2003, de 02 de maio.

    • Certificado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

    • Certificado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación. Tódolos requisitos relacionados con anterioridade posuiranse pola persoa aspirante no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, debendo de continuar en posesión dos mesmos ata o momento de formalización do contrato.

  1. Estar en posesión do carné de conducir B1, ou en condicións de obtelos na data na que remate o prazo de presentación de instancias, e dispoñibilidade de vehículo.

  2. Ter abonados os dereitos de exame, que ascenden a 5 euros por aspirante, na conta bancaria en ABANCA, a nome do Concello de Coirós co número de IBAN seguinte: ES65 2080 0018 0130 1000 0118..

Os aspirantes deberán presentar instancia nas oficinas da Casa do Concello de Coirós, desde o día 18 de xullo de 2018 ata o día 24 de xullo de 2018, en horario de 08:30 a 14:30 horas.

Coa instancia deberán presentar:

  • Documento nacional de identidade ou equivalente.

  • Titulación esixida segundo o disposto na base cuarta, apartado e); que se acreditará co orixinal ou fotocopia compulsada da mesma, ou no seu defecto, xustificante de ter efectuado o depósito para a súa obtención acompañado da certificación oficial de ter superados os estudios conducentes para a súa expedición.

  • Fotocopia compulsada da licenza de condución B1

  • Xustificante bancario de ter abonados os dereitos de exame.

Mais información na páxina web do Concello de Coirós (www.coiros.es), no Perfil do contratante, da mesma.

 

Coirós 17 de xullo de 2018

O ALCALDE

 

Asdo. Francisco Quintela Requeijo.

 

 

Descargas de archivos