CONTRATACIÓN DE CATRO MONITORES PARA O PROGRAMA CONCILIA 2018

15/06/2018

Contenido

Pola presente convócase o proceso de contratación de catro persoas para formar parte do persoal para o programa Concilia Coirós 2018 (4 persoas co título de monitor de actividades de tempo libre).

O período de contratación será de 2 de xullo a 7 de setembro do presente ano 2018, no cal se contratarán dúas prazas os dous meses de xullo e agosto, e outras dúas prazas de corenta e sete días dentro de período citado.

As persoas interesadas deberán presentar a fotocopia compulsada do título da Administración competente de monitor ou monitora de tempo libre.

Os aspirantes para tódolos postos deberán presentar instancia nas oficinas da Casa do Concello de Coirós, desde o día 18 de xuño de 2018 ata o día 21 de xuño de 2018, en horario de 08:30 a 14:30 horas. Na instancia deberán facer constar se optan a as prazas de dous meses ou as de corenta e sete días, ou indistintamente.

Coa instancia deberán presentar:

  • Fotocopia compulsada do Documento nacional de identidade ou NIE

  • Fotocopia compulsada da licencia de conducir B1

  • Certificado negativo de delitos de carácter sexual

  • Fotocopia compulsada do título de educación secundaria, ou de ser o caso, de calquera título de ensinanza superior.

  • Fotocopia compulsada do título de monitor de actividades de tempo libre.

- Certificados que acrediten experiencia profesional na praza á que opte ou como voluntaria admitida en actividades de conciliación en Administraciones públicas.

Coirós 11 de xuño de 2018

O ALCALDE

 

Asdo. Francisco Quintela Requeijo.