ADXUDICACION E FORMALIZACIÓN OBRA "DOTACIÓN EN EDIFICIOSPÚBLICOS EN LESA E OUTROS (POS COMPLEMENTARIO 2017)

13/04/2018

Contenido

Pola presente faise público que, en sesión feita pola Xunta de Goberno Local de data vinte de marzo de dous mil dezaoito, visto que a empresa cuxa oferta foi considerada máis vantaxosa, presentou a documentación requirida para poder proceder á contratación, por unanimidade dos asistentes acordou contratar a realización da obra denominada “Dotación en edificios públicos de Lesa y otros”, cun orzamento de 30.027,15 euros (IVE incluído), que é obxecto de axuda da Deputación mediante o Plan de Obras e Servizos POS 2017, Plan Complementario, coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa “Abinco Soluciones Integradas S.L.”, con un prezo de 29.435,00 euros, cun prazo de execución de ocho días, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, cadro de características do contrato e a proposta presentada pola empresa adxudicataria.

 

Contra esta resolución poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este Concello no prazo dun mes, ou recurso contencioso administrativo a interpoñer ante os Tribunais Contencioso Administrativos, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da notificación

 

Asimesmo faise público que  dito contrato  foi formalizado  o  día  26 de  abril de 2018 coa empresa Abinco Soluciones Integradas S.L.