ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN CONTRATO OBRA AGADER "MELLORA DE VIARIOS RURAIS EN LESA E OUTROS"

15/03/2018

Contenido

Pola presenta faise público que en sesión feita pola Xunta de Goberno Local de data dous de marzo de dous mil dezaoito, visto que a empresa cuxa oferta foi considerada máis vantaxosa, presentou a documentación requirida para poder proceder á contratación, por unanimidade dos asistentes acordou contratar a realización da obra denominada “Mellora de Viarios Rurais en Lesa e outros”, cun orzamento de 39.797,98 euros (IVE incluído), que é obxecto de subvención por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ao amparo da Resolución do Director Xeral de AGADER de data 26 de setembro de 2017, coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa “Construcciones Ramón Vázquez y Reino S.L.”, con un prezo de 37.510,00 euros, cun prazo de execución de cento un días, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, cadro de características do contrato e a proposta presentada pola empresa adxudicataria.

Asi mesmo se fai público que o  contrato correspondente a esta obra foi formalizado o cinco de  marzo de dous mil dezaoito.

 Contra esta resolución poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este Concello no prazo dun mes, ou recurso contencioso administrativo a interpoñer ante os Tribunais Contencioso Administrativos, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da notificación.”