ADXUDICACIÓN CONTRATO OBRA SUBVENCIONADA POR VICEPRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA "MELLORA DE REDE DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EN CASTRILLÓN E OUTROS"

09/08/2017

Contenido

Pola presente se notifica que en sesión feita pola Xunta de Goberno Local de data oito de agosto de dous mil dezasete, visto que a empresa cuxa oferta foi considerada máis vantaxosa, presentou a documentación requirida para poder proceder á contratación, por unanimidade dos asistentes acordou contratar a realización da obra denominada "Mellora de rede de Iluminación Pública en Castrillón e outros" , cun orzamento de 60.500 euros (IVE incluído), que é obxecto de axuda da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adinistracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, cofinanciada por fondos europeos FEADER, ao amparo da orde de 30 de decembro de 2016 (DOG do 20 de xaneiro de 2017), coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa “Abinco Soluciones Integradas S.L.”, con un prezo de 60.000,00 euros, cun prazo de execución de dez días, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, cadro de características do contrato e a proposta presentada pola empresa adxudicataria.

 Contra esta resolución poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este Concello no prazo dun mes, ou recurso contencioso administrativo a interpoñer ante os Tribunais Contencioso Administrativos, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da notificación