ADXUDICACIÓN CONTRATO OBRA POS 2017 "MELLORA ILUMINACIÓN PÚBLICA EN COMBARRO"

03/08/2017

Contenido

Pola presente se notifica que en sesión feita pola Xunta de Goberno Local de data tres de agosto de dous mil dezasete, visto que a empresa cuxa oferta foi considerada máis vantaxosa, presentou a documentación requirida para poder proceder á contratación, por unanimidade dos asistentes acordou contratar a realización da obra denominada “Mellora Iluminación Pública en Combarro”, cun orzamento de 50.081,46 euros (IVE incluído), que é obxecto de axuda da Deputación mediante o Plan de Obras e Servizos POS 2017, coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa “Abinco Soluciones Integradas S.L.”, con un prezo de 48.599,65 euros, cun prazo de execución de sete días, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, cadro de características do contrato e a proposta presentada pola empresa adxudicataria.

Contra esta resolución poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este Concello no prazo dun mes, ou recurso contencioso administrativo a interpoñer ante os Tribunais Contencioso Administrativos, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da notificación.