ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN CONTRATO OBRA PMA 2016 MELLORA XONA VERDE ESPENUCA

07/04/2017

Contenido

Pola presente se comunica que, en sesión feita pola Xunta de Goberno Local de data seis de abril de dous mil dezasete, visto que a empresa cuxa oferta foi considerada máis vantaxosa, presentou a documentación requirida para poder proceder á contratación, por unanimidade dos asistentes acordou contratar a realización da obra denominada “Mellora zona verde Espenuca”, cun orzamento de 23.594,67 euros (IVE incluído), que é obxecto de axuda da Deputación mediante o Plan de Medio Ambiente PMA 2016, coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa “Canarga S.L.”, con un prezo de 23.500,00 euros, cun prazo de execución de trinta días, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, cadro de características do contrato e a proposta presentada pola empresa adxudicataria. 

Así mismo se comunica que o presente contrato foi formalizado o día sete de abril de dous mil dezasete.