ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN CONTRATO OBRA "MELLORA DE SERVIZOS ENERXÉTICOS PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS

18/11/2016

Contenido

Polo presente faise público que sesión feita pola Xunta de Goberno Local de data vinte e seis de setembro de dous mil dezaseis, visto que a empresa cuxa oferta foi considerada máis vantaxosa, presentou a documentación requirida para poder proceder á contratación, por unanimidade dos asistentes acordou contratar a realización da obra denominada “Mellora de servizos enerxéticos Parque Empresarial de Coirós”, cun orzamento de 80.396,82 euros (IVE incluído), que é obxecto de axuda da Consellería de economía, emprego e industria da Xunta de Galicia, coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa “Abinco Soluciones Integradas S.L.”, con un prezo de 79.860,00 euros, cun prazo de execución de vinte e sete días, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, cadro de características do contrato e a propostas presentada pola empresa adxudicataria.

Así mesmo se manifesta que este contrato foi formalizado o nove de setembro de dous mil dezaseis.