ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN CONTRATO OBRA PAS 2015 "VIAS PÚBLICAS EN LONGRAS E COIRÓS DE ARRIBA"

27/09/2016

Contenido

Pola presente se comunica que, en sesión feita pola Xunta de Goberno Local de data trinta e un de agosto de dous mil dezaseis, visto que a empresa cuxa oferta foi considerada máis vantaxosa, presentou a documentación requirida para poder proceder á contratación, por unanimidade dos asistentes acordou contratar a realización da obra denominada Vías públicas en Longras e Coirós de Arriba”, cun orzamento de 30.000,00euros (IVE incluído), que é obxecto de axuda da Deputación mediante o Plan PAS 2015, coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa “Construcciones Ramón Vázquez y Reino S.L.”, con un prezo de 29.887,00 euros, cun prazo de execución de trinta días, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, cadro de características do contrato e a propostas presentada pola empresa adxudicataria. 

Así mesmo se comunica que a formalización do contrato foi realizada o sete de setembro de dous mil dezaseis.

O Secretario

Antonio Gómez-Iglesias Casal