Os Caneiros

Chámaselle "Os Caneiros" a un merendeiro ubicado no bosque, na marxe esquerda do Río Mandeo a uns 3 kms de Betanzos. Está ubicado dentro da área do Concello de Coirós pero pertence a Betanzos.

Este lugar emblemático utilizouse tradicionalmente pola xente de Betanzos para celebrar tódolos anos en Agosto a "jira a Os Caneiros", na que subía en lancha ou a pé desde Betanzos a comer os excedentes da comida do día do patrón.