OMIX

O Concello de Coirós conta entre os seus servizos cunha Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) propia, integrada na Rede galega de Información xuveni, da Dirección Xeral de Xuventudel. Esta rede e as oficinas que a conforman, así como os programas e iniciativas promovidas tanto por organismos privados como públicos en materia de xuventude, están reguladas en virtude do Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro (publicado no DOG nº 49 do 10 de marzo). A colaboración entre a Omix e as asociacións xuvenís e culturais é moi estreita, realizando ó longo do ano varias accións conxuntas para chegar á poboación dun xeito máis directo.

 
 

Servizos que presta

Información
Información sobre posibilidades, oportunidades e recursos que poden ser de interese para a mocidade: formación, ofertas de emprego, oposicións, axudas, concursos, actividades culturais, viaxes, programas da dirección xeral de xuventude, etc. Esta información pode solicitarse en persoa, por teléfono, e- mail ou a través das redes sociais ou a páxina web.
Carné Xove
Expedición do carné xove, que poden solicitar todos os mozos e mozas de 12 a 30 anos. Con el podese acceder a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes no tren, cines, comercios, autoescolas, aloxamentos, programas da Dirección Xeral de Xuventude, etc. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Actividades e promocións
Realización de actividades que pretenden a utilización racional do tempo libre dos mozos e mozas, evitando o ocio pasivo e os hábitos pouco saudables. Dita oferta inclúe tanto actividades culturais como deportivas, formativas e de ocio. Promoción das actividades e programas da Dirección Xeral de Xuventude, favorecendo a igualdade de oportunidades entre os xóvenes que viven no urbán e os do rural.
Orientación de Asociacións
Orientación de cara ó asociacionismo xuvenil, dende os trámites xerais para constituirse ata información sobre axudas e apoio na súa xestión. Dende a Omix ofrecese asesoramento en todo o proceso de constitución das asociacións, así como apoio a tódalas necesidades que poidan surxir.

Contacto

Atención al público

Teléfono: 981 796 088

Horario: De luns venres de 9:00 a 14:00 h

E-Mail

omix@coiros.es

Facebook

Facebook OMIX 

Contactar ahora

Ubicación

Servicios sociais

Edificio de Usos Múltiples do Concello de Coirós, 1ª planta

Ver instalación