AXUDAS Ó ESTUDIO 2014-2015

Escrito por Website do concello de Coirós el 29 de septiembre de 2014

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA O CURSO 14/15

 

   AXUDAS PARA LIBROS A ESTUDANTES de EDUCACIÓN INFANTIL, CICLOS MEDIOS OU SUPERIORES

   Poderán solicitar as ditas axudas aquelas familias nas que a renda “per cápita” (parella e fillos) anual non supere a cantidade de 6.000,00 €.

 AXUDAS PARA O TRANSPORTE A ESTUDANTES de GRAO, DIPLOMATURA OU LICENCIATURA UNIVERSITARIOS, CICLOS MEDIOS OU SUPERIORES (sempre e cando non presentasen a solicitude para a bolsa de estudo, por non contar con xustificante de gasto de libros de texto), E ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS (só na súa modalidade presencial) que estén empadroados neste Concello.

Non será obxecto destas axudas os estudos de “master”, “doutorados” ou estudos en conservatorios.

Os estudantes universitarios, poderán solicitar só axudas para transporte.

                   Poderán solicitar as ditas axudas aquelas familias, nas que a renda ”per cápita” de cada membro da familia non supere os 11.000 euros anuais, con unha renda familiar máxima conxunta (parella e fillos) de 30.000 euros.

                 

                   Terán preferencia para obter as axudas, os alumnos que se encontren nalgunha das seguintes situacións:

                   -Familias numerosas (3 ou + fillos) - A AXUDA SERÁ DO 100% DO COSTE DOS LIBROS.

                   -Familias nas que a persoa principal esté desempregado.

                   -Familias nas que a persona principal sexa pensionista.

                   -Orfos absolutos.

                   -Fillos de pai ou nai solteiros, de divorciado/a ou separado/a legalmente ou de feito, para os que a única fonte de ingresos sexan os alimentos o pensións alimenticias, nos seus respectivos casos.

                   -Teranse en conta tamén, os ingresos económicos das familias.

PRAZO DE SOLICITUDE:

 

* Lugar:     Centro Social Coirós. SERVIZOS SOCIAIS

* Datas:     Do 01 ó 31 de OUTUBRO DE 2014 ambos inclusive             * Horario:   De 08:00 a 14:00 (luns a venres).

                  

                   O modelo de solicitude e a relación de documentos que deben presentar coa mesma, facilitaráse no Centro Social de Coirós.

 

Coirós a, 24 de setembro de 2014