FORMACIÓN CUADRILLA MUNICIPAL EXTINCIÓN INCENDIOS

Escrito por Website do concello de Coirós el 03 de julio de 2014

Pola presente convócase en proceso de contratación de seis persoas para formar parte da cuadrilla municial de extinción de incendios (1 capataz e cinco peóns) durante 3 meses (15 de Xullo o 14 de Outubro).

Para o posto de capataz os interesados deberán presentar algunha das seguintes titulacións: Enxeneiro de montes, enxeneiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

Así mesmo para o posto de capataz deberán presentar a instancia nas oficinas na casa do Concello dende o día 05/07/2014 ata o día 09/07/2014 en horario de 09:00 a 14:00 (ambos inclusive).

Coa instancia deberán presentar:

  • Documento nacional de identidade
  • Carné de conducir
  • Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego
  • Méritos que alegue que teñan relación coa función para a que se contrata.