ABRE Ó PÚBLICO O NOVO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RÍO MANDEO

Escrito por Website do concello de Coirós el 05 de diciembre de 2013

Xa se pode visitar o novo centro de interpretación do río Mandeo situado no lugar de Chelo, que o pasado 1 de decembro abriu as súas portas. O centro está enmarcado dentro do Plan Mandeo financiado polo Diputación da Coruña con fondos Feder. Unha vez dentro, podemos facer un percorrido pola aula interactiva que nos fai un achegamento á filosofía do proxecto Mandeo e ás características ecolóxicas, culturais e etnográficas do entorno. O horario de apertura é os venres de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas, e os sábados e domingos de 10 a 13 e de 16 a 19 horas (pecha os festivos).

 Para realizar visitas en grupo é preciso contactar con Concello de Coirós a través de correo electrónico ou no 981.796.088.