PROGRAMA "CONCILIA COIRÓS" PARA O VERÁN

Escrito por Website do concello de Coirós el 21 de mayo de 2013

O Concello de Coirós, a través do CIM ten programado un servizo de conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán. A iniciativa consiste en ofertar actividades de tempo libre para os nenos e nenas de 3 a 12 anos durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro.

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá de 9 a 14 horas, sendo o horario de actividades de 10 a 13 horas, e as horas previa e posterior fíxanse para adaptarse ás necesidades das familias.

Inicio das actividades: 1 de xullo

Idades: de 3 a 12 anos

Número de prazas: 20, nas que terán prioridade os empadroados/as e aqueles nenos/as nos que ambos proxenitores traballen.

Prazo de inscrición: ata o 14 de xuño

Inscricións e información: no CIM e no 981.796.088

Subvenciona: Concello de Coirós e Excma. Deputación da Coruña