INICIO DAS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2020-2021

Escrito por Website do concello de Coirós el 10 de septiembre de 2020

Mañá, 11 de setembro, comeza o prazo para inscribirse nas actividades culturais e deportivas. Como novidade, e como medida de prevención ante a COVID, tódalas actividades deportivas levaranse a cabo no polideportivo municipal, e as culturais nos centros sociais. 

A formación dos grupos dependerá da demanda e valorarase cada actividade.

As inscricións levaranse a cabo no rexistro do Concello ou pola sede electrónica. O prazo será do 11 ó 18 de setembro