CONVOCATORIA MUNICIPAL DE AXUDAS ECONÓMICAS A PERSOAS AUTÓNOMAS E EMPRESAS AFECTADAS POLA CRISE SANITARIA

Escrito por Website do concello de Coirós el 30 de julio de 2020

O Concello de Coirós convoca subvencións para as comunidades de
bens, sociedades civís – das que a totalidade dos seus comuneiros ou socios
estean empadroados no concello de Coirós - e persoas físicas autónomas
empadroadas neste concello e que se atopan en dificultades económicas como
consecuencia da suspensión obrigada das actividades comerciais e/ou de
hostalaría e restauración nos locais e establecementos minoristas que
estivesen aberta e en activo no termo municipal de Coirós no momento da
entrada en vigor da medida de contención establecida para este tipo de establecementos polo artigo 10.1 do
Real Decreto 463/2020 , de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a situación
de crise sanitaria ocasionada polo coronavirus COVID-19.

O prazo de solicitude extenderase durante o mes de agosto, e no mes de setembro rosolverase.

Consulta as bases en http://www.coiros.es/media/dl/bases-autonomos-2020-covid43683.pdf