Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2020

Escrito por Website do concello de Coirós el 16 de junio de 2020

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020

Folleto informativo dos Campamentos de verán 2020

Prazo de solicitude: do 16 ao 30 de xuño de 2020, incluídos.

Obxecto

Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2020 da D.X. de Xuventude e Voluntariado

Persoas destinatarias

As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 45 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

Requisitos

  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 45 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

Non se admitirá a entrada aos campamentos se a/o participante:

  • É diagnosticado positivo por COVID-19 segundo os criterios médicos vixentes.
  • Presenta calquera sintomatoloxía (tos, febre, dificultade ao respirar) que poida estar asociada co COVID-19 durante os 14 días previos á súa participación.
  • Estivese en contacto estreito ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal con algunha persoa afectada por COVID-19 nos 14 días previos á súa participación.

Campamentos quendas específicas

Prezo xeral: 125 €  | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€  | Prezo con Carné xove (-25%):  93,75€

Adxudicación

A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:

  • As persoas que non participaran en anos anteriores.
  • Residan habitualmente no domicilio familiar.

No caso de empate a adxudicación de prazas farase por orde de entrada da solicitude.

Documentación

As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén:

  • Xustificante de ter pagado.
  • Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.
  • Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude. 
  • Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
  • Unha fotografía tamaño carné.

É obrigatorio facer isto, para poder entrar na praza concedida.

Lugar de presentación

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Prazo de presentación

Do 16 ao 30 de xuño, incluído.

Máis información

Teléfono Social gratuíto: 900 333 666

Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas:

  1. Teléfonos:  981-547437 /981-544640.
  2. Mail: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa pódese consultar a páxina web ou dirixirse directamente ás propias instalacións.