CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2013

Escrito por Website do concello de Coirós el 09 de mayo de 2013

Está aberto o prazo para solicitar praza nos campamentos deportivos que organiza a Deputación da Coruña en colaboración cos Concellos da provincia. A actividade consiste nun campamento dirixido a nenos/as de 9 a 13 anos na que a práctica do deporte será o eixe da programación. Realizaranse actividades naúticas, equitación, saídas en barco, voleipraia, baile, etc., ademais de introducir como novidade o inglés en algunha das actividades. A estancia realizarase nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo de A Coruña dende o 30 de xuño ó 6 de xullo.

O Concello de Coirós subvenciona a cota de participación ó 50%, sendo o importe total de 42,50€. O prazo ata o 16 de maio na Omix do Concello.