ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA AS ESCOLAS INFANTÍS DE 0 A 3 ANOS

Escrito por Website do concello de Coirós el 15 de mayo de 2020

A Xunta de Galicia abre hoxe e ata o vindeiro día 29 de maio, o prazo de inscrición para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas.

En Coirós contamos cunha destas escolas.

Pódese descargar a resolución e os impresos en www.igualdadeebenestar.org

...

Para calquera dúbida podedes chamar ó teléfono da escola (981796653) ou ó 667030316 a través de watssap en caso de non ser atendidos e devolverase a chamada.

Para a entrega de solicitudes, haberá que solicitar cita previa e facelo na escola.

Tamén está aberto o prazo de admisión do novo alumnado para o curso 2020-2021 nas escolas unitarias para nenos e nenas de 3, 4  e 5 anos

No Concello de Coirós contamos con dúas escolas de educación infantil. Unha oportunidade única para escolarizar a nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos nun modelo de escola unitaria que traballa coa comunidade. Este prazo remata o 18 de maio, e podese solicitar na escola de 10 a 13 horas ata ese día.