Medidas de emprego extraordinarias ADOPTADAS CONTRA O COVID-19

Escrito por Website do concello de Coirós el 26 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE: Medidas de emprego extraordinarias ADOPTADAS CONTRA O COVID-19
- Os prazos quedan suspendidos na presentación de solicitudes: non se recortan dereitos por presentar solicitudes fóra de prazo - Adoptáronse medidas de protección por desemprego para os traballadores afectados por suspensións de contrato e reducións de xornada (ERTEs).
- Se xa é perceptor de prestación ou subsidio por desemprego:
- Durante este período a súa demanda permanecerá en alta sen necesidade de acudir a súa Oficina a renovala.
- Non se ten que solicitar a prórroga do subsidio, o pago manterase transcorridos os seis meses.
- Non se interromperá o pago dos subsidios por desemprego pola falta de presentación da Declaración Anual de Rendas (DAR) no caso de persoas beneficiarias do subsidio para persoas traballadoras maiores de 52 años.
- Se está afectado por un ERTE, non ten que solicitar cita previa co SEPE, a xestión da súa prestación tramitarase entre a súa empresa e o SEPE.
- Se se encontra en situación de desemprego non motivada por un ERTE, solicite cita previa telematicamente para ser atendido polo SEPE (indique correo electrónico).
Enlace: http://www.sepe.es/HomeSepe
NOTA: INFORMACIÓN DA QUE SE DISPÓN SALVO ERRO OU OMISIÓN INVOLUNTARIA