FORMACIÓN A TRAVÉS DO PROXECTO REDEXIANA2

Escrito por Website do concello de Coirós el 19 de abril de 2013

 

FRANCISCO QUINTELA REQUEIJO, ALCALDE-PRESIDENTE DESTE CONCELLO, A TÓDOLOS VECIÑOS DO TÉRMINO MUNICIPAL

 

INFORMA:O concello de Coirósparticipa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.

 

O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego.

 

O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

 

Ademáis ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorizacion e seguimento persoal permanente. Este acompañamento persoalizado canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.

 

Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso.

 

As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a CAPACITACIÓN (Talleres de empleabilidade, Habilidades sociais e comunicativas, Alfabetización informática: Internet), PREFORMACIÓN (Responsabilidade social, Búsqueda de emprego e novas tecnoloxías, Apoio preparación probas competencias clave), FORMACIÓN TRANSVERSAL (Novas tecnoloxías de información e comunicación), FORMACIÓN COMPLEMENTARIA (Medio ambiente na agricultura, Conducción económica e eficiente), que se desenvolverán nos concellos de Irixoa, Miño e Aranga.

 

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse persoalmente ós Servizos Sociais do concello de Coirós, ou chamar ao tfno. 981796088.

 

O prazo para inscribirse nestes cursos remata o 3 de maio.

 

En Coirós, a 15 de abril de 2013

O ALCALDE,