MEDIDAS ANTE O COVID-19

Escrito por Website do concello de Coirós el 13 de marzo de 2020

BANDO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN CON RESPECTO ÁS MEDIDAS ANTE O COVID-19

 

 

O Alcalde do Concello de Coirós, Francisco Quintela Requeijo,

 

 

INFORMA

 

Que debido á situación epidemiolóxica actual en referencia ó Coronavirus, e co fin de previr a saúde da veciñanza en xeral, o Concello de Coirós aprobou a seguintes medidas extraordinarias ata novo aviso:

 

  1. Suspender actividades culturais, deportivas e de tempo libre levadas a cabo tanto en espazos pechados como ó aire libre por un periodo mínimo de 15 días.

  2. As xestións e consultas realizaranse preferentemente de xeito telefónico, e telemático, polo que pedimos que na medida do posible non acudan ó centros públicos.

    Teléfono das oficinas municipais: 981796414

      Teléfono do centro social: 981796088

 

 

En Coirós, a 13 de marzo de 2020