AXUDAS DO PLAN DE EMPREGO LOCAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (PEL 2020)

Escrito por Website do concello de Coirós el 26 de febrero de 2020

AXUDAS PEL 2020
A Deputación da Coruña, no marco do PLAN DE EMPREGO LOCAL, ven de convocar as axudas PEL 2020 coas seguintes liñas: LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (ABERTO O PRAZO DE PRSESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 20/02/2020). LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRSESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020). LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRSESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020)
As bases das axudas PEL 2020 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 29 de 12.02.2020 ou premendo na seguinte ligazón:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/12/2020_0000000963.pdf
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal), pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 24 de marzo de 2020.
Na web https://emprego.dacoruna.gal/ pódese consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes: FAQ referido ás Bases.
Plan de Emprego Local pel@dacoruna.gal Tel. 981080509