COMPLEMENTO ALUGUER PARA PENSIONISTAS PNC

Escrito por Website do concello de Coirós el 12 de febrero de 2020

 

COMPLEMENTO ALUGUER VIVENDA PARA PENSIONISTAS PNC

 

31.12.2020| Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Normativa

Obxecto

Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de PNCs de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.

Requisitos

  • Ter recoñecida unha PNC de xubilación ou invalidez na data da solicitude e na de resolución.
  • Carecer de vivenda en propiedade.
  • Ser titular do contrato de arrendamento da vivenda na data da solicitude.
  • Non ter coa persoa arrendadora da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco ata o 3º grao nin constituír con aquél unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade conxugal . (Organigrama de parentesco)
  • Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada.

Se na mesma vivenda alugada conviven dúas ou máis persoas que tiveran recoñecida a PNC, so terá dereito a este complemento aquel/aquela que sexa titular do contrato de arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles.

Enténdese que a vivenda é domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e teña residido na mesma durante un período mínimo de 180 días inmediatamente anteriores á data da solicitude.

 

 

Contía

A contía do complemento para o ano 2020 é de 525 euros anuais, que se fará efectivo nun pagamento único, con anterioridade ao 31 de decembro de 2020.

Aos pensionistas aos que non se lle poidera abonar o complemento na data indicada, este farase efectivo como máximo, dentro do prazo de tres meses seguintes á dita data.

Non se computa como rendas ou ingresos a efectos de determinar o mantemento do dereito á pensión.

Documentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. A documentación complementaria poderá presentarse de forma electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixital do documento orixinal.

  1. Solicitude  (BS650F)  | Presentación electrónica na sede
  2. Copia do documento que acredite a representación cando a solicitude se subscriba por persoa distinta a persoa beneficiaria da pensión non contributiva.
  3. Copia compulsada do contrato de arrendamento en vigor. No caso de que xa fose presentado anteriormente non será necesario achegalo (indicarase en que momento e ante que órgano administrativo se presentou). Se non existe contrato de arrendamento escrito, a condición de arrendatario xustificarase por outro medio de proba válido en dereito, sempre que este acredite a localización da vivenda, que debe coincidir coa residencia habitual do pensionista, a vixencia mínima do arrendamento dun ano, a identificación do arrendador e do arrendatario, con indicación do nome e apelidos, NIF e domicilio de ambos.

Lugar de presentación:

Prazo de presentación:

Ata o 31 de decembro de 2020

A resolución deberá ditarse e notificarse no prazo máximo de 3 meses dende a data de entrada en rexistro da solicitude.