TARXETA BENVIDA 2020

Escrito por Website do concello de Coirós el 24 de enero de 2020

NOVIDADES DA TARXETA BENVIDA NO 2020

 

 

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, publicou as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2020. (Orde do 30 de decembro de 2019).

 

Tal e como anunciou o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, as nenas e nenos galegos nados a partir do 01/01/2020 xa teñen dereito á Tarxeta Benvida coas seguintes melloras:

 

  • Increméntase un 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes, para apoiar aos fogares con fillos no rural.

 

  • Duplícase a cantidade que perciben as familias polo seu 3º fillo e sucesivos durante o primeiro ano, ata acadar os 2400 euros anuais.

 

  • No caso das familias que vivan no rural a contía por 3º fillo elévase ata os 3000 euros.

 

  • Amplíase ata os 3 meses o prazo de presentación de solicitudes para os galegos no exterior que volvan a Galicia.

 

  • A Tarxeta Benvida poderá cobrarse ata que a nena ou neno teña 4 anos para as familias en situación de especial vulnerabilidade e que solicitasen unha prestación pública de protección social e esta estea en fase de tramitación.

 

  • Poderán beneficiarse da ampliación da axuda ata os 3 anos aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.

 

Para acceder a esta axuda durante o 1º ano a renda anual familiar deberá ser inferior aos 45.000 euros ou menor de 13.000 euros per cápita.

Esta prestación está destinada a atender os gastos que supón ampliar a familia, como a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene ou farmacéuticos. Pode empregarse en establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia, así como nas farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e, desde este ano, tamén ópticas.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.