PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL- BALNEARIOS

Escrito por Website do concello de Coirós el 16 de diciembre de 2019

DON FRANCISCO QUINTELA REQUEIJO,

ALCALDE-PRESIDENTE DESTE CONCELLO, A TÓDOLOS

VECIÑOS DO TÉRMINO MUNICIPAL.

 

INFORMA: Que as persoas que queiran participar por primeira vez, teñen aberto o prazo de solicitudes para o PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL-BALNEARIOS, que promove o IMSERSO. Se xa teñen solicitado a temporada pasada, e reunían os requisitos,  recibirán por correo un modelo simplificado, para renovar a solicitude.

 

àBENEFICIARIO/AS, terán que reunir algún dos seguintes requisitos:    

 

         - Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente da S.S 

         - Pensionistas de viuvez da S.S., con 55 anos ou máis

         - Pensionistas da S.S., por outros conceptos ou perceptores de subsidios de desemprego, con 60 anos ou máis

         - Asegurados ou beneficiarios da S.S., con 65 anos ou máis

         - Poderán ir acompañados de cónxuxe/parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable de convivencia

 

àDATOS NECESARIOS PARA CUMPLIMENTAR SOLICITUDE:

 

         - Nº Documento Nacional de Identidade

         - Nº filiación Seguridade Social

         - Situación económica

 

àQUENDAS E PRAZOS:

 

- Quendas de FEBREIRO  a AGOSTO, ata o día 10 DE XANEIRO DE 2020

- Quendas de SETEMBRO a DECEMBRO, ata o día 15 DE MAIO DE 2020

 

As persoas interesados poden dirixirse ós Servizos Sociais do Concello (Traballadora Social), de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 h. Ou na web: www.imserso.es

                                              

O que informo para xeral coñecemento.

                                                        Coirós a 16 de decembro de 2019.

                                                                         O ALCALDE.-