CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PRORFESIONAIS

Escrito por Website do concello de Coirós el 29 de noviembre de 2019

27.12.19| Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Normativa

Orde do 15 de novembro de 2019 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 226 do 27/11/2019) TR305A

Obxecto

Convocar, no ámbito da CA de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación para un total de 1.800 prazas nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 6.475 unidades de competencia, entre outras, nas seguintes cualificacións profesionais:

  1. Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
  2. Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.

Unidades de competencia convocadas

As unidades de competencia convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria son as recollidas no anexo I desta orde. Nel recóllese a relación de unidades de competencia das cualificacións profesionais convocadas, incluíndo o número de prazas en cada unidade de competencia e con indicación dos títulos de formación profesional e/ou certificados de profesionalidade que recollen estas unidades de competencia.

Sedes do procedemento

Os lugares que serán sede do procedemento son os establecidos no anexo II. A fase de asesoramento e a de avaliación, poderán desenvolverse noutros centros de traballo ou instalacións distintas, o que se lles comunicará ás persoas candidatas coa suficiente antelación.

Requisitos de participación no procedemento

  1. Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  2. Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de niveis 2 e 3.
  3. Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
    1. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3 xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria .Para as unidades de competencia de nivel 1, xustificar polo menos 2 anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
    2. No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.
  4. Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
  5. Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
  6. Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante a documentación sinalada no artigo 8 da orde, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.

Documentación

Solicitude   |   Presentación electrónica na sede

As persoas que xa presentasen documentación en anteriores convocatorias da consellería competente en materia de emprego, nas cualificacións profesionais recollidas nesta convocatoria, non terán que achegar a documentación presentada anteriormente, pero sí a solicitude.

As persoas interesadas só poderán realizar unha única solicitude de inscrición e en unidades de competencia que pertenzan á mesma cualificación profesional (agás no caso de socorrismo)

  1. Historial persoal e/ou formativo no modelo de currículo europeo (modelo anexo IV da orde.
  2. No caso de persoas estranxeiras, permiso de traballo, só no caso de non dispor da acreditación de residencia en España en vigor
  3. Certificado do rexistro de cidadán ou cidadá comunitario ou tarxeta familiar de cidadán da Unión Europea ou, se é o caso, copia do pasaporte en vigor (no caso de cidadáns comunitarios que non estean recollidos na situación anterior).
  4. Certificado acreditativo de discapacidade en vigor, naqueles casos en que o certificado non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
  5. Documentación para os solicitantes que acrediten experiencia laboral:
    1. Para persoas traballadoras asalariadas:
      • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do ISM ou da mutualidade a que estivesen afiliados, onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación.
      • Copia compulsada do contrato de traballo ou da certificación da empresa onde adquirisen a experiencia laboral (modelo anexo V).
    2. Para persoas traballadoras autónomas ou por conta propia:
      • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do ISM dos períodos de alta na Seguridade Social no REA.
      • Descrición da actividade desenvolvida e intervalo de tempo en que se realizou (anexo V).
    3. Para persoas voluntarias ou bolseiras: Certificación da organización onde se prestase a asistencia, en que consten especificamente as actividades e funcións realizadas, o ano en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a estas (anexo V).
    4. Solicitantes que acrediten formación non formal: fotocopia compulsada do documento que acredite que a persoa candidata posúe formación relacionada coas unidades de competencia que se pretendan acreditar, en que consten os contidos formativos impartidos, as horas de duración da acción formativa, a entidade que expide o certificado e o título da actividade de formación.
    5. Persoas candidatas maiores de 25 anos: Estas persoas que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.
    6. Outros documentos: Copia da/das acreditación/s parciais de unidades de competencia ou módulos de formación que dean dereito á acreditación da/das cualificación/s solicitada/s.

Prazos de inscrición no procedemento

20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG. Ata o 27 de decembro de 2019.

Lugar de presentación

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica, https://sede.xunta.gal. , empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal./chave365).
  • Presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.