CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 19-20

Escrito por Website do concello de Coirós el 12 de noviembre de 2019

1.- PODERÁN OPTAR Ó PREMIO AS PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE COIRÓS DE XEITO INDIVIDUAL OU EN GRUPO. 2.- OS TRABALLOS DEBERÁN SER ORIXINAIS E NON PREMIADOS NOUTROS CONCURSOS. 3.- FÍXANSE TRES CATEGORÍAS: EDUCACIÓN INFANTIL ATA OS 5 ANOS INCLUÍDOS; PRIMARIA DE 6 A 10 ANOS INCLUÍDOS, E XUVENIL DE 11 A 17 ANOS INCLUÍDOS. 4.- ENTREGARASE UN PREMIO A CADA CATEGORÍA QUE CONSISTIRÁ NUN LOTE DE ARTÍCULOS DE MÚSICA, LIBROS OU DEPORTIVOS. AS PERSOAS PARTICIPANTES RECIBIRÁN UN AGASALLO QUE SE ENTREGARÁ O DÍA DO FESTIVAL DE NADAL. 5.- OS TRABALLOS PRESENTARANSE EN SOBRE PECHADO E NO INTERIOR OUTRO SOBRE CON NOME E APELIDOS, ENDEREZO E NÚMERO DE TELÉFONO DO AUTOR/A OU REPRESENTANTE SE FOSE UN GRUPO. 6.- O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE TRABALLOS REMATA O 25 DE NOVEMBRO DE 2019, E AS DELIBERACIÓNS DO XURADO REALIZARANSE O DÍA 26. 7.- O XURADO ESTARÁ PRESIDIDO POR UN CONCELLEIRO//A, UN REPRESENTANTE TÉCNICO DO CONCELLO E UN MEMBRO DUNHA ASOCIACIÓN DO MUNICIPIO. 8.- AS TARXETAS GAÑADORAS DARANSE A COÑECER E UTILIZARANSE COMO IMAXE DA CAMPAÑA DE NADAL PROMOVIDA POLO CONCELLO. 9.- A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO SUPÓN A ACEPTACIÓN DAS BASES, ASÍ COMO A DECISIÓN DO XURADO.