GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE CURSO 2019-2020

Escrito por Website do concello de Coirós el 17 de octubre de 2019

 

En breve darán comezo as reunións mensuais do grupo de nais e pais pola saúde. O horario das xuntanzas será os martes de 20 a 21 horas 
no edificio de servizos sociais de Betanzos.

Nas distintas reunións co psicólogo da unidade de prevención trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar aos nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como son: normas e límites na familia, uso de internet e móbil, escola e familia, problemas de conduta e hábitos de vida saudables entre outros.

 

https://forms.gle/KHjdkJH5YWyWvYP99