Título familia numerosa

Escrito por Website do concello de Coirós el 26 de octubre de 2012

Concepto:

Considérase Familia Numerosa a integrada por:

  1. Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillas ou fillos, sexan ou non comúns.
  2. Un ou dous ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, sempre que polo menos un deles sexa discapacitado ou estea incapacitado para traballar.
  3. Duas persoas ascendentes, cando ambas fosen discapacitadas ou como mínimo, unha delas tivese un grao de discapacidade en grao igual ou superior ao 65%, ou estivesen incapacitados para traballar, con duas fillas  ou fillos,sexan ou non comúns
  4. O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se encontren baixo a súa dependencia económica aínda que non vivan no domicilio conxugal.
  5. Dous/dúas ou máis irmáns orfos/as de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora, pero que non estean ás súas expensas.
  6. Tres ou máis irmáns orfos/as de pai e nai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles é discapacitado) que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
  7. O pai ou a nai con dous fillos, cando teña falecido a outra proxenitora.

Considéranse ascendente ao pai, nai ou a ámbolos dous conxuntamente cando exista vínculo conxugal e, no seu caso, ao cónxuxe dun deles. A falta destes, equiparanse os que tiveran ó seu cargo a tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo dos fillos, sempre que éstes convivan con ela ou elas ou ás súas expensas.

Terán a mesma consideración que os fillos as persoas sometidas a tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

Enténdese por discapacitado aquel que teña recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ó 33% e por incapaz para traballar aquela persoa que teña reducida a súa capacidade de traballo nun grao equivalente ó da incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez.

Categorías:

  1. Especial: as de cinco ou máis fillos e as de catro fillos dos cales polo menos tres procedan de parto, adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo múltiples. Tamén se clasifican nesta categoría as unidades familiares con catro fillos  cando os seus ingresos anuais divididos polo número de membros que as compoñen, non superen, en cómputo anual o 75% do IPREM vixente, incluídas as pagas extraordinarias.
  2. Xeral: as restantes unidades familiares.

Cada fillo ou filla que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou que teña reducida a súa capacidade de traballo nun grao equivalente ao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez computará como 2 para determinar a categoría na que se clasifica a unidade familiar da que forma parte.

Requisitos:

Para a existencia legal da familia numerosa será necesario que os fillos reúnan as seguintes condicións:

  1. Ser solteiros e menores de 21 anos de idade, ou ser discapacitados ou estar incapacitados para traballar, calquera que fose a súa idade. Este límite de idade ampliarase ata os 25 anos de idade cando cursen estudios que se consideren adecuados á súa idade ou titulación ou en camiñados a un posto de traballo.
  2. Convivir co ascendente ou ascendentes, sen prexuízo do establecido para o suposto de separación dos ascendentes. Enténdese que a separación transitoria por razón de estudos, traballo, tratamento médico, rehabilitación ou outras causas semellantes, incluídos os supostos de forza maior, non rompe a convivencia entre pais e fillos, tanto se é consecuencia de un traslado con carácter temporal en territorio español coma no estranxeiro. Para os nacionais de Estados que non formen parte da UE ou do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo non se rompe a a convivencia nos mesmos supostos só cando sexan consecuencia dun traslado temporal en territorio español.
  3. Depender económicamente do/s ascendente/s. Considérase así cando:
    1. O fillo obteña uns ingresos nos superiores, en cómputo anual, ao IPREM.
    2. O fillo estea incapacitado para o traballo e a contía da súa pensión, se a percibise, non exceda, en cómputo anual, o IPREM
    3. O fillos contribúa ao sostemento da familia e exista un único ascendente, si este non está en activo, nos seguintes supostos:
      1. Se o ascendente percibise ingresos que por todos os conceptos non resulten en total superiores ao dobre do IPREM vixente.
      2. Se algún irmán é discapacitado ou está incapacitado para traballar.
      3. Se os ingresos que aporta o fillo non exceden do 50% da totalidade dos percibidos polo resto da unidade familiar.
    4. O fillo contribúa ós sostemento da familia e o pai e/ou a nai estean incapacitados para o traballo, xubilados ou sexan maiores de 65 anos de idade, sempre que os ingresos destes non sexan superiores, en cómputo anual, ao IPREM.
  4. Os membros da familia numerosa deben residir legalmente no territorio do Estado español.

Documentación:

  1. Impreso de solicitude/renovación
  2. Libro de Familia.
  3. No caso, de non autorizar a súa consulta fotocopia do DNI, NIE. Ou permiso de residencia (só nos casos de expedición por primeira vez)
  4. En supostos de fillos entre os 21 e os 25 anos (inclusive), xustificante de estudios
  5. No caso de viuvez: libro de familia onde conste o falecemento ou, no seu defecto certificado de defunción.
  6. No caso de separación ou divorcio, o proxenitor que opte por solicitar o recoñecemento da condición de familia numerosa, propoñendo que se teñan en conta os fillos que non convivan con él, deberá presentar a resolución xudicial na que se declare a súa obriga de prestarlles alimentos, así como un documento asinado polo outro proxenitor acreditativo do seu consentimento.
  7. No caso de minusvalía dalgún membro: certificado de minusvalía.
  8. No caso de adopción ou tutela: resolución xudicial.
  9. No caso de acollemento familiar permanente ou preadoptivo: resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
  10. No caso de expedición baseada en criterios económicos, copia da última declaración do IRPF de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar, ou certificado da AEAT onde consten os ingresos.

Este título terá validez en todo o territorio nacional.

Renovación:

O Título de Familia Numerosa renovarase na data indicada na mesma., así nos supostos de que varíe o nº de membros da unidade familiar, achegando o libro de familia, ou varíen as condicións que deron motivo á súa expedición, cando estas variacións supoñan un cambio de categoría ou a perda da condición de familia numerosa.

Lugar de presentación:

BENEFICIOS

CARNÉ FAMILIAR GALEGO: Expídese xunto co título de familia numerosa e permite que os seus membros obteñan descontos nos produtos que determinen os establecementos comerciais que se suman voluntariamente a este programa.

SEGURIDADE SOCIAL E EMPREGO

  • Incremento do límite de recursos económicos para ter dereito ás asignacións económicas por fillo a cargo.
  • Ampliación do período considerado como de cotización efectiva, así como de reserva do posto de traballo en supostos de excedencia por coidado de fillos: 30 meses para familias de categoría xeral e 36 meses para as de categoría especial.
  • Bonificación do 45% dascotas da Seguridade Social pola contratación de coidadores/as.

ASISTENCIA XURÍDICA GRATUITA:

Cando o/a solicitante ostente a condición de ascendente dunha familia numerosa de categoría especial, poderaselle conceder excepcionalmente, o recoñecemento do dereito ás persoas cuns ingresos que, aínda superando o límite de ingresos, non excedan do cuádruplo do S.M.I.

EDUCACION:

  • Nas convocatorias de becas, redución da renda familiar a considerar por cada irmá/n da unidade familiar, incuído o/a solicitante.
  • Preferencia para o ingreso en colexios maiores e menores subvencionados, centros de educación especial e centros docentes.
  • Exención ou bonificación nos dereitos de matrícula e expedición de títulos, dereitos e taxas administrativas e académicas: 50% para as familias de categoría xeral e exención total para as de categoría especial.
  • Subsidio por necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade.
  • Incremento da prestación económica por infortunio familiar cuberto polo Seguro Escolar: 20% categoría xeral e 50% categoría especial.

TRANSPORTE:

  • Bonificacións nos prezos dos servizos regulares de transporte interurbano de viaxeiros por estrada, por ferrocarril e pola utilización de liñas regulares de transporte marítimo e cabotaxe: 20%categoría xeral e50% categoría especial. Estas reducións aplicaranse tamén respecto ao transporte de mobles e demáis enxoval por razón de cambio de enderezo (por ferrocarril e transporte marítimo).
    Esta redución non de aplica sobre o mínimo de percepción das tarifas das empresas de transporte que establece a Xunta de Galicia. Queda á vontade do concesionario do servizo regular de transporte acumular a redución a outros tipos de descontos que estableza pola súa propia iniciativa.
  • Bonificacións pola utilización de transporte aéreo nacional: 5%categoría xeral e 10% categoría especial.

AUGA

Dedución do 50% da cota tributaria do canon de saneamento para usos domésticos.

VEHÍCULOS

Redución do 50% do importe da base impoñible do imposto de matriculación dos vehículos automóbiles cunha capacidade homologada non inferior a cinco prazas e non superior a nove, incluída a do condutor.

ACTIVIDADES DE OCIO E CULTURAIS

  • Dereitos de preferencia no acceso a actividades de ocio do IMSERSO e bonificacións nas cotas a aboar. Nos viaxes de turismo e quendas de termalismo para persoas con discapacidade subvencionados polo IMSERSO:20% categoría xeral e50% categoría especial.
  • Bonificacións nos prezos dos centros e institucións culturais de titularidade estatal: redución dun mínimo do50% no prezo da entrada a museos para os membros de familia numerosa e gratuidade do acceso a grupos familiares formados por polo menos un adulto e tres descendentes (ou dous se ún deles é discapacitado).

SERVIZOS SOCIAIS

  • Desconto do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade no Programa Campaña de Verán.
  • Redución do 30% sobre o prezo das estadías nas residencias de tempo libre da Consellería de Traballo e Benestar..
  • Preferencia para o ingreso nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e desconto do 20% a cada neno pola súa condición de membro de familia numerosa. cando asistan varios irmás á escola infantil aplicaraselles unha redución adicional dun 20% da tarifa por cada neno.
  • Preferencia para a obtención de axudas económicas para a atención de nenos de0 a3 anos en centros de 1ª infancia non sostidos con fondos públicos mediante o programa do cheque infantil.

VIVENDA:

  • Aplicación de un coeficiente multiplicativo corrector dos ingresos familiares que melloran as condicións de acceso ás axudas financeiras para a vivenda habitual.
  • Condicións especiais á subsidiación de préstamos convidos e demáis axudas directas de carácter especial previstas para a promoción e adquisición de vivendas protexidas ou usadas.

Subvencións estatais

  1. Ingresos familiares ≤ 2,5 veces o valor do IPREM: 3 fillos: 10.000 € ; 4 fillos: 10.600 € ; 5 ou máis fillos: 11.200 €
  2. Ingresos entre 2,5 e 3,5 veces o IPREM: 3 fillos: 7.000 € ; 4 fillos: 7.600 € ; 5 ou máis fillos: 8.200 €

Subvencións autonómicas:

Os ingresos familiares non poden superar o 3,5 do IPREM en cómputo anual:

  1. 1 ou dous fillos: 1.000 euros.
  2. 3 ou catro fillos: 2.000 euros.
  3. 5 ou máis fillos: 4.000 euros.
  • Facilidades para o cambio a outra vivenda protexida ou usada de maior superficie.
  • Facilidades para a adaptación da actual vivenda ou o cambio a outra vivenda que cumpra as condicións de accesibilidade adecuadas á discapacidade sobrevida que afecte a un membro da familia numerosa cando a actual non as reúna.
  • Acceso preferente ás subvencións para o alugueiro de vivenda, previstas no Plan Estatal de Vivenda.

TRIBUTOS:

  • IRPF:

Dedución da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas: 250 € categoría xeral e 400 € categoría especial. Cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que lle sexa aplicable o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, a dedución será de 500 € e e 800 € respectivamente.

  • Imposto sobre transmisións patrimoniais

No imposto sobre transmisións patrimoniais onerosas o tipo de gravame aplicable ás transmisións de inmobles que vaian a constituir a vivenda habitual do contribuínte será do 4%, sempre que suma do patrimonio de todos os membros da familia non supere a cifra de 400.000 euros, máis 50.000 euros adicionais por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa.

  • Imposto sobre actos xurídicos documentados

O tipo de gravame para as primeiras copias de escrituras que documenten unha adquisición de vivenda habitual será do 0,3% sempre que se cumpran as condicións anteriores.

ELECTRICIDADE:

Bono social electricidade

LECER:

Redución do 50% no prezo da entrada aos museos de titularidade estatal.

 

 

Recoñecemento do grao de discapacidade

Obxecto

Regulamento do recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade dunha persoa.

Solicitantes

Persoas de calquera idade españois, nacionais de países comunitarios e estranxeiros que se encontren en posesión da correspondente autorización administrativa de residencia.

Requisitos

Ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave.

Documentación:

  • Impreso de solicitude. (A primeira folla do documento: dúas impresións)
  • Fotocopia compulsada do DNI ou, no seu defecto, libro de familia ou partida de nacemento. No caso de estranxeiros fotocopia compulsada da tarxeta de residente.
  • Se é o caso, fotocopia compulsada do representante legal e do documento acreditativo da representación legal ou garda de feito. Declaración do gardador de feito.
  • Fotocopia compulsada dos informes médicos e/ou psicolóxicos actualizados.
  • Xustificante de ingresos da unidade familiar.

Beneficios:

Permite o acceso a:

O recoñecemento do grao de discapacidade entenderase producido dende a data de solicitude.
Na resolución deberá figurar necesariamente a data en que pode ter lugar a revisión.

Revisión do grao de discapacidade

O grao de discapacidade será obxecto de revisión sempre que se prevexa unha melloría razoable das circunstancias que deron lugar ao seu recoñecemento, debendo fixarse o prazo en que debe efectuarse esta revisión.
En tódolos demáis casos, non se poderá instar a revisión do grao por agravamento ou melloría sempre que, polo menos, transcorrera un prazo mínimo de dous anos dende a data en que se ditou resolución, excepto nos casos en que se acredite suficientemente erro de diagnóstico ou se produciran cambios substanciais nas circunstancias que deron lugar ó recoñecemento do grao, en que non será preciso esgotar o prazo mínimo.

Lugar de presentación:

Equipo técnico responsable do recoñecemento:

Son os Equipos de Valoración e Orientación (EVOs), os que realizan as actuacións específicas na Área de Diagnóstico, Valoración e Cualificación de Discapacidade. Están compostos por médico/a, traballador/a social e psicólogo/a e teñen as seguintes funcións:

  • Efectuar a valoración das situacións de discapacidade e a determinación do grao, a revisión por agravación, melloría ou erro diagnóstico, así como determinar a necesidade de concurso doutra persoa para realizar os actos esenciais da vida diaria e as dificultades para utilizar os transportes públicos colectivos.
  • Determinar o prazo a partir do que se podería instar a revisión do grao de discapacidade por agravación ou melloría.
  • Aquelas outras funcións que. legal ou regulamentariamente, sexan atribuidas pola normativa reguladora para o establecemento de determinadas prestacións e servizos.

Os equipos de valoración e orientación están situadas nas Seccións de Cualificación e Valoración de Discapacidade dos Departamentos Territoriais. Os equipos técnicos de valoración da discapacidade poderán exercer as funcións atribuídas aos órganos de valoración e asesoramento da dependencia para os casos e procedementos que lle sexan asignados polo órgano superior con competencias na área de valoración da discapacidade.

 

Descargas destacadas:

Declaracioón Gardador/a de feito (pdf)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Valoración e recoñecemento da situación de dependencia

Obxecto

Regular o procedemento para a valoración e recoñecemento da situación de dependencia e o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención no que se recoñecen as prestacións económicas e/ou servizos concedidos, así como determinar os órganos técnicos competentes para a valoración e asesoramento da dependencia e a coordinación destes así como a súa composición e funcións.

Titulares do dereito

  1. Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia en Galicia os españois que, de conformidade co previsto no art. 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:
    1. encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
    2. para os menores de 3 anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro
    3. residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores a data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia esixirase a quen exerza a súa garda e custodia.
  2. Asemade, será necesario que a persoa beneficiaria resida en Galicia na data de presentación da solicitude.
  3. As persoas que, reunindo os requisitos anteriores, carezan da nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei Orgánica 4/2000 , nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Ás/aos menores que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.
  4. As persoas en situación de dependencia que como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

Solicitude e documentación:

O procedemento iniciarase coa instancia da persoa que poda estar afectada ou de que ostente a súa representación:

Solicitude e anexos xuntos en formato pdf (nova)

A persoas que tiveran recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis poderán presentar solicitude de homologación á dependencia no mesmo modelo.As persoas que tiveran recoñecido o grao e nivel de dependencia noutra Comunidade Autónoma presentarán tamén o dito modelo de solicitude.

Documentación que acompañará á solicitude:

  1. Copia compulsada do DNI/NIE do solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente, no suposto de que non autorice á administración para o acceso por medios propios.
  2. Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.
  3. Acreditación da persoa representante do solicitante, no seu caso.
  4. Certificado de empadroamento que acredite a residencia nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, agás as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar).
  5. Certificado de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación de solicitude.
    Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadronamento que acredite a residencia de quen ostente a súa representación.
    No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio del Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.
  6. No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido pola delegación do Goberno ou mediante a baixa consular.
  7. Informe de condicións de saúde  emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administración públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou réximes especiais.
    Terá carácter complementario os informes emitidos polos profesionais de entidades, asociacións e corporacións sen ánimo de lucro no ámbito da discapacidade, así como o emitido por profesionais de entidades xestoras de servizos sociais de institucionalización onde se atope o solicitante.
    Estarán exentas de presentar o informe de saúde as persoas que tiveran recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis.
  8. Informe social  emitido polo/a traballador social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, e se é o caso do/a traballador social do sistema de saúde ou do/a traballador social dos servizos sociais especializados.
  9.  Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra Comunidade Autónoma, se é o caso.
  10. Resolución de grao e nivel, se é o caso, cando sexa emitido por outra Comunidade Autónoma.
  11. Manifestación da persoa solicitante ou do seu representante, conforme ao punto nº 10 e 11 do modelo Anexo I da solicitude, da súa preferencia dentro do catálogo de servizos e prestacións do SAAD.
    No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento do coidador, así como declaración xurada do grado de parentesco que os une ou tipo de relación se non é a filial, conforme a punto 11 do modelo Anexo I da solicitude e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade.
  12. Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo Padrón Municipal.
  13. Declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, en cuxo caso non estará obrigado a presentar estes documentos.
  14. Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial.(Anexo IX)
  15. Copia compulsada, de ser o caso, do DNI/NIE do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan económicamente do solicitante.Cando existan menores de idade que dependan económicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.
  16. Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas. (A autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, exime da obriga de presentar estes documentos), e declaración responsable do seu patrimonio (Anexo IX)

As persoas interesadas no estarán na obriga de achegar información, datos ou documentación que estea xa en poder da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou que, de acordo coa lexislación vixente, poida obterse polos seus propios medios.

Lugar de presentación

Prazo de presentación

Todo o ano

Descargas destacadas: