ANUNCIO PARA CONTRATACIÓN DE ALBANEIS E PEÓNS

Escrito por Website do concello de Coirós el 11 de junio de 2019

  ANUNCIO

Pola presente convócase o proceso de contratación de seis persoas (1 albanel Oficial 2ª,  1 albanel peón,  así como 4 peóns de limpeza) para formar parte do “Programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos Concellos da provincia”, durante un período de 3 meses a tempo parcial.

As persoas a contratar neste programa, deberán cumplir algunha das seguíntes situación:

.- Mulleres ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes

.- Maiores de 45 anos

.- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración  competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.

 .- Persoas desfavoracidas que estean en algunha das seguíntes situación:drogodependencia, vivir nun fogar on de ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestión socioculturais.

.- Parados de longa duración. (persoas que leven mais de dous anos como mínimo como demandantes de emprego)

.- Persoas víctimas de violencia de xénero

Os interesados deberán presentar instancia nas oficinas na Casa do Concello, dende o día 11/06/2019 ata o 17/06/2019 (ambos inclusive), en horario de 9:00 hrs a 14:00hrs .

Coa instancia deberán presentar

Documento nacional de identidade

Carné de conducir

Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego

Méritos que alegue que teñan relación coa función  para a que se contrata

                                               Coirós, 10 de Xuño de 2019

                                                               O Alcalde

                                      

       Asdo.) Francisco Quintela Requeijo.