LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DO PROCESO DE SELECCIÓN DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE PARA CONCILIA COIRÓS

Escrito por Website do concello de Coirós el 07 de junio de 2019

De acordo ás bases que rexerán o proceso de selección -polo sistema de oposición-libre para poder seleccionar a persoa que será contratada como monitor/a de actividades de tempo libre, na modalidade de persoal laboral temporal para a execución dun programa CONCILIA COIRÓS 2019, cunha xornada de traballo de vinte cinco horas semanais durante un prazo de 01 de xullo a 06 de setembro de 2019. As bases foron publicadas na páxina web do concello o día 29 de maio de 2019.

E visto que, na base Oitava das que rexen a oposición, disponse que a lista de persoas aspirantes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web, concedendo ás persoas candidatas excluídas provisionalmente un prazo de tres días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 68 da Lei 39/2015, en relación co artigo 33 da mesma, esta Alcaldía RESOLVEU:

Primeiro.- Aprobar a seguinte lista provisional de persoas candidatas admitidas e excluídas:

  1. Admitidas:

    NOME E APELIDOS

    DNI

    María José Cortés González

    32.437.901N

  2. Excluídas provisionalmente:

NOME E APELIDOS

CAUSAS DE EXCLUSIÓN

Nuria Barrallobre Vara

- Non achega xustificante de posuír o título de bacharel, terceiro ciclo ou equivalente ( Base quinta B).

- Non achega xustificante de posuír as 45 horas de formación en materia de igualdade ou coeducación impartidos por Administracións públicas ou universidades ( Base quinta G).

Leticia Fandiño Roca

-Non achega xustificante de posuír as 45 horas de formación en materia de igualdade ou coeducación impartidos por Administracións públicas ou universidades ( Base quinta G).

Segundo.- Designar ao Tribunal Cualificador que valorará os exercicios de que consta a oposición, así como -se procedese- a proba sobre coñecementos do idioma galego; que estará integrado polos seguintes membros:

  • Presidencia.- Antonio Gomez-Iglesias Casal, secretario-interventor do Concello de Coirós

  • Secretaría – Vogalía: Paula Boado Presas, técnico de Información Xuvenil e Animación Sociocultural. ,

  • Vogal: María del Rosario Cal Dopico, Asistente social

Tercero.- Sinalar para a realización das probas de selección o día 11 de xuño de 2019, as 9,30horas, no Edificio municipal de usos múltiples de Coirós de Arriba.”

 

Coirós, 7 de xuño de 2019

O alcalde