ACTOS DE CLAUSURA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 18-19

Escrito por Website do concello de Coirós el 27 de mayo de 2019

O próximo mércores 29 de maio levarase a cabo o acto de clausura de actividades municipais, onde se darán cita os grupos de teatro infantil e xuvenil, o coro, o grupo de guitarra e a escola municipal de baile e música tradicional. Tamén se exhibirán os traballos realizados nas actividades de bolillos, manualidades, bordado, restauración e pintura. A cita será a partir das 19 horas no centro social. 

O turno para as deportivas será o venres 31 de maio no polideportivo municipal, onde se exhibirán os grupos de ximnasia de mantemento, taekwondo, zumba, pilates e patinaxe. Será a partir das 19.30 horas.

Nos actos haberá huchas para a recollida de fondos para a Fundación Cris contra el cáncer, para o proxecto meduloblastoma (Noel) por iniciativa de alumnado e profesorado.