II RUTA DE SENDEIRISMO "XERANDO IGUALDADE"

Escrito por Website do concello de Coirós el 27 de mayo de 2019

O próximo sábado 1 de xuño o CIM de Coirós organiza a súa segunda ruta de sendeirismo pola igualdade. Esta vez será o río dos dous nomes, en Xora, o lugar escollido para a camiñata. As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición ata o 30 de maio en horario de tarde.