PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS

Escrito por Website do concello de Coirós el 03 de abril de 2019

Está aberto o prazo de solicitude para o Programa de Benestar en balnearios, que promove a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

 

Poderán participar maiores de 60 anos, ou de 55 (máis acompañantes permitidos), reunindo a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións. Así coma os outros requisitos de empadroamento, residencia e saúde.

 

 

MODALIDADE: BALNEARIOS

 

 

 

1) Balnearios dende287,50ata361,00 €/praza (todo incluido)

 

- Balneario de Acuña, Balneario de Augas Santas, Baños da Brea, Balneario de Molgas, Caldelas de Tui, O Carballiño, Carballo, Cuntis, Laias Caldaría de Cenlle, Lobios Caldaría de Lobios, Río Pambre de Palas de Rei, Termas Romanas de Lugo e Balneario de Mondariz (10 días e 9 noites con tratamento termal, aloxamento e manutención).

 

 

 

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES REMATA O PRÓXIMO 2 DE MAIO

 

 

As persoas interesadas deberán dirixirse á Traballadora Social no Centro Social de Coirós, de luns a venres de 9:00 á 14:00 h, ou informarse telefónicamente no 981796088.