Oferta pública de emprego do Ministerio de Defensa

Escrito por Website do concello de Coirós el 01 de marzo de 2019

No Boletín Oficial do Estado número 45 de 21 de febreiro de 2019 publícanse 3.250 prazas para ingresar nas Forzas Armadas como militar de Tropa e Marinería profesional nas diferentes unidades dos exércitos e da Armada. Destas prazas, 251 corresponden a unidades familiares ubicadas en Galicia.

Para participar no proceso selectivo, os/as aspirantes deberán solicitar cita previa na Área de reclutamento da subdelegación de Defensa de A Coruña, ben por vía telefónica no 981126813/14 ou a través da web do Ministerio de Defensa, www.reclutamiento.defensa.gob.es. O prazo de finalización para a realización das probas selectivas remata o próximo 7 de marzo de 2019.