ENTREGA DAS AXUDAS POR NACEMENTO

Escrito por Website do concello de Coirós el 04 de febrero de 2019

O concello de Coirós  entregou o sábado as axudas á natalidade ás 19 familias do municipio con fillos nacidos durante o 2018, por un importe total de 13.200 euros. Nesta ocasión 10 axudas fueron para as familias que tiveron o seu primeiro  fillo cun importe cada familia de 600 euros.

Así, o salón de actos do centro de servicios sociais acolleu ós novos veciños/as, que estiveron acompañados polo alcalde, Francisco Quintela, e a concelleira da Muller, Yolanda Valiño, que fixeron entrega ás familias dos vales para adquirir  productos e enseres necesarios para os bebés. A estas axudas teñen dereito  as nais  censadas no municipio.

O alcalde mostrou a sua satisfacción polo rexuvenecimento constante de Coirós e recordou que o concello foi o primeiro da comarca e un dos primeiros de Galicia en implantar esta liña de incentivos á natalidade. Indicou que Coirós é ademais un dos poucos municipios rurais de Galicia que medra e se rexuvenece a poboación. Un aumento de poboación que é unha constante nos últimos anos.

Pola su parte, a concelleria da Muller, recordou que Coirós conta con guardería, escolas infantís con trasporte escolar e intenta  ter todos os servizos esixidos polas familias con fillos pequenos”. O importe da axuda por primeiro fillo é de 600 euros, por segundo fillo de 800 euros, axuda por terceiro fillo de 1.300 euros e axuda por cuarto fillo 2.400.