O ALCALDE FIXO ENTREGA DAS AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS POR VALOR DE 18.000 EUROS

Escrito por Website do concello de Coirós el 30 de enero de 2019

O concello de Coirós entregou o pasado sábado a cantidade de 18.000 euros  a un total de 20 asociacions en concepto subvencions municipais ás asociacions culturais, deportivas e comisions de festas do municipio. Ó acto acudieron o alcalde, Francisco Quintela, acompañado da concelleira de Asociacions, Mónica Álvarez, que fixeron entrega das cantidades asignadas a cada un dos  representantes destes colectivos da localidade.

 Pola su parte, a representante da Ampa O Crucerio da Escola Infantil de Coirós de Arriba  agradeceu ó concello as xestións emprendidas que deron como resultado a consecución dunha nova escola para o municipio. O representante da Asociación de Pescadores do Mandeo tamen interviu no acto para chamar a atención sobre a necesidade de protexer a poboación de salmons do Mandeo.

 O encontro serviu para realizar un cambio de impresións entre o concello e o tecido asociativo do municipio e agradecer a colaboración que estes colectivos prestan ós veciños e veciñas de Coirós.