TARXETA BENVIDA PARA FAMILIAS CON FILLOS/AS NADOS NO 2019

Escrito por Website do concello de Coirós el 25 de enero de 2019

Tarxeta Benvida: axuda económica para as familias con fillos e fillas nados no ano 2019

 

 

Obxecto

Concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2019 teñan un fillo/a e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda no ano 2018, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á ampliación.

 

A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Persoas beneficiarias

1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia con fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

2. Tamén se poderán beneficiar da ampliación desta axuda aquelas familias que obtiveran a axuda no ano 2018 e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á dita ampliación.

Requisitos

  1. Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
  2. Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda.

Contía da axuda

Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla nado/a en 2018 durante o seu primeiro ano de vida a razón de 100 €/mes, que se farán efectivos do seguinte xeito:

  1. Ano 2019: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento.
  2. Ano 2020: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes anterior ao que o neno ou nena cumpra un ano.

Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos, nas seguintes contías:

  1. 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
  2. 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo. 
  3. 2.400 €/ano, a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

Documentación

- Solicitude (presencial ou en liña)

- Copia completa do libro de familia

- Certificado de empadroamento conxunto da persoa solicitante e da/o nena/o que dá dereito á axuda.

Prazo de presentación de solicitudes

Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.