PROXECTO EIXO DE PRÁCTICAS PROFESIONAIS EN EMPRESAS

Escrito por Website do concello de Coirós el 04 de diciembre de 2018

ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN ESPECÍFICA

Este itinerario concíbese como unha oportunidade de prácticas profesionais de 760 horas, aproximadamente 6 meses de duración, para 15 mozas e mozos que buscan o seu primeiro emprego en postos relacionados coa formación académica ou laboral (certificado de profesionalidade de nivel 3) adquirida no sistema de educación reglada ou non reglada, en calquera da súas especialidades, fomentando así a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas mozas desempregadas da provincia.

Este itinerario realizarase nas instalacións das empresas colaboradoras que asinen o Acordo de Participación, previo proceso de formación grupal nas accións complementarias e transversais e a de orientación para o entreno e desenvolvemento de competencias multifuncionais para o emprego e, a data de inicio prevista será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada laboral obrigatoria desenvolverase de acordo ao que estipule a empresa colaboradora e o seu convenio colectivo sectorial ou empresarial para o posto de traballo a desenvolver. A localización dependera da ubicación da empresa acolledora.

A xornada de formación grupal desenvolverase en horario de mañá nas instalacións que se determinen.
O prazo de inscrición péchase o MARTES 18  DE DECEMBRO ás 14:00 horas

O Concello de Coirós colaborará mediante accións de intermediacións para que a mocidade realice prácticas en sectores con boas perspectivas laborais e nos que, dados os cambios tecnolóxicos e sociais recentes, requiran novas formas de especialización. De acordo a área formativa e de titulación académica da mocidade analizada e cos datos do Observatorio das Ocupacións, os sectores con mais proxección son os seguintes: Ciencias físicas, químicas, matemáticas, enxeñarías, sanidade e profesionais das terapias alternativas, tecnoloxías da información e comunicación, profesionais do dereito, ensino infantil, primaria, secundaria e post-secundaria.

Neste itinerario desenvolveranse accións de apoio e transversais co fin de asegurar a flexibilidade e a polivalencia das persoas en prácticas para unha adaptación continua e permanente aos requirimentos do proceso de traballo.

AXUDA ECONÓMICA AS PERSOAS PARTICIPANTES NO ITINERARIO

Está prevista a concesión dunha axuda/bolsa económica ás persoas participantes neste itinerario previsto no proxecto EIXO a fin de incentivar a súa permanencia no mesmo e obter os obxectivos profesionais e laborais previstos de mellora da cualificación e empregabilidade e de inserción no mercado laboral

PERSONAS MOZAS BENEFICIARIAS DA FORMACIÓN

Este itinerario e as accións formativas que contempla, vai dirixido a persoas mozas que reúnan os requisitos especificados na primeira convocatoria 2017 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xove (axudas AP_POEJ), todas elas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e no integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpren os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
- Cumprir cos requisitos de adscrición a este itinerario en concreto:
Persoas mozas desempregadas da provincia, capacitadas académica ou profesionalmente e con titulacións de Técnico Medio e Superior en Formación Profesional ou certificado de Profesionalidade de Nivel 3, Diplomadas e Licenciadas e/ou con Grados Universitarios, sen experiencia laboral no seu sector, de maneira que, coa mellora da súa empregabilidade, poidan situarse en mellores condicións para acceder a un posto de traballo, unha vez rematada a súa participación nelas.

A selección da mocidade participante que cumpra os requisitos esixidos apoiarase na realización de entrevistas polos profesionais que integran a rede técnica municipal, seguindo os criterios técnicos e específicos predefinidos de selección no caso de que existan máis persoas candidatas que unha en cada concello e teranse en conta, para establecer a orden das candidatas, os coñecementos ou a formación previa relacionada con este área e/ou sector de actividade, a experiencia profesional ou en voluntariado, a antigüidade como demandante de emprego e a situación persoal.
Ademais, valoraranse criterios específicos como dispoñibilidade para participar e trasladarse a outra localidade, implicación activa nas accións que se desenvolvan ó arredor deste itinerario, motivación persoal, expectativas de desenvolvemento profesional desta ocupación, cualidades, habilidades, actitudes, motivación laboral, carácter emprendedor, etc. que se establecen co fin de poder perfilar a intensidade de traballo do itinerario máis adecuado a cada mozo e moza para acadar a súa inserción efectiva no mercado laboral.

PROCEDEMENTO:

Inscrición e presentación de solicitudes (ata o 18 de decembro): todas as persoas mozas interesadas en participar teñen que entregar a solicitude e a documentación esixida no Concello de Coirós. Deberá contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local para cubrir a solicitude e poder realizar a entrevista de selección.

Teléfono.: 981 796088