CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2018-2019

Escrito por Website do concello de Coirós el 07 de noviembre de 2018

BASES DO CONCURSO

 

1.- PODERÁN OPTAR Ó PREMIO AS PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE COIRÓS DE XEITO INDIVIDUAL OU EN GRUPO.

2.- OS TRABALLOS DEBERÁN SER ORIXINAIS E NON PREMIADOS NOUTROS CONCURSOS.

3.- FÍXANSE TRES CATEGORÍAS: EDUCACIÓN INFANTIL ATA OS 5 ANOS INCLUÍDOS; PRIMARIA DE 6 A 10 ANOS INCLUÍDOS, E XUVENIL DE 11 A 17 ANOS INCLUÍDOS.

4.- ENTREGARASE UN PREMIO A CADA CATEGORÍA QUE CONSISTIRÁ NUN LOTE DE ARTÍCULOS DE MÚSICA, LIBROS OU DEPORTIVOS. AS PERSOAS PARTICIPANTES RECIBIRÁN UN AGASALLO.

5.- OS TRABALLOS PRESENTARANSE EN SOBRE PECHADO E NO INTERIOR OUTRO SOBRE CON NOME E APELIDOS, ENDEREZO E NÚMERO DE TELÉFONO DO AUTOR/A OU REPRESENTANTE SE FOSE UN GRUPO.

6.- O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE TRABALLOS REMATA O 23 DE NOVEMBRO DE 2018, E AS DELIBERACIÓNS DO XURADO REALIZARANSE O DÍA 30.

7.- O XURADO ESTARÁ PRESIDIDO POR A CONCELLEIRA DE CULTURA, UN REPRESENTANTE TÉCNICO DO CONCELLO E UN MEMBRO DUNHA ASOCIACIÓN DO MUNICIPIO.

8.- AS TARXETAS GAÑADORAS DARANSE A COÑECER E UTILIZARANSE COMO IMAXE DA CAMPAÑA DE NADAL PROMOVIDA POLO CONCELLO.

9.- A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO SUPÓN A ACEPTACIÓN DAS BASES, ASÍ COMO A DECISIÓN DO XURADO.

 

¡¡¡ ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

PRAZO ATA O MÉRCORES 23 DE NOVEMBRO

MAIS INFORMACIÓN NA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL, NO 981.796.088