AXUDAS Ó ESTUDIO 2018-2019

Escrito por Website do concello de Coirós el 02 de octubre de 2018

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA O CURSO 2018/2019

 

 

AXUDAS PARA LIBROS A ESTUDANTES de EDUCACIÓN INFANTIL, CICLOS MEDIOS OU SUPERIORES

Poderán acollerse a estas axudas aquelas familias nas que a renda “per cápita” de cada membro da familia non supere os 11.000 euros anuais, con unha renda familiar máxima conxunta (parella e fillos) de 30.000 euros.

AXUDAS PARA O TRANSPORTE A ESTUDANTES de GRAO, DIPLOMATURA OU LICENCIATURA UNIVERSITARIOS, CICLOS MEDIOS OU SUPERIORES (sempre e cando non presentasen a solicitude para a bolsa de estudo, por non contar con xustificante de gasto de libros de texto), E ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS (só na súa modalidade presencial) que estén empadroados neste Concello. Non será obxecto destas axudas os estudos de “master”, “doutorados” ou estudos en conservatorios.

Poderán solicitar as ditas axudas aquelas familias, nas que a renda ”per cápita” de cada membro da familia non supere os 11.000 euros anuais, con unha renda familiar máxima conxunta (parella e fillos) de 30.000 euros.

 

Renda per cápita familiar:

1º Enténdese por renda per cápita a renda familiar dividida entre o número de membros computables.

2º A renda familiar obteráse pola suma das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2017, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 380 (base impoñible xeral) e 395 ( base impoñible do aforro) da declaración.

 

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

 

* Lugar: Centro Social de Coirós. SERVIZOS SOCIAIS

* Datas: Do 1 ao 31 de OUTUBRO DE 2018 ambos inclusive * Horario: de 08:00 a 14:00 (luns a venres).

 

O modelo de solicitude e a relación de documentos que deben xuntar coa mesma, facilitaráse no Centro Social de Coirós ou poderánse descargar na páxina web do concello.A instancia, xunto coa documentación, deberá presentarse na Oficina de Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.

 

Coirós, 17 de setembro de 2018